
O vindeiro venres, ás seis da tarde na Biblioteca Ánxel Casal de Santiago de Compostela, organizada por Estaleiro Editora, presentación do libro que recolle os textos de Fume, escrito polo perpetrador deste bló a medias con Carlos Losada alá polo ano 2000, e Insomnio, (antes "Nunca durmo, de Erik Cachuzo"). Podedes descargalo aquí, de balde, así son estes jipis de hoxendía, pero é preferible que o merquedes en calquera destes aquís por ese mesmo instinto ecolóxico que nos leva a protexer ás criaturas en perigo. Con tan arrichados inicios, os barcos que botan merecen toda a nosa atención, navegar é preciso... Ademáis, o libro é pequeno pero fermosamente editado. E polo mesmo prezo só mercaredes dous paquetes de tabaco ou unha caixiña de somníferos que non van dar tanto de si. Estaleiro Editora é, por outra banda, unha empresa á que respecto moito por aquelas palabras de Groucho Marx ("nunca formaría parte dun clube que me aceptase como socio") pero ó contrario: eles non me queren como integrante, danme largas.
A ver se nos vemos alí en tan pecaminosa data para calquera acto que non sexa un concerto de Dylan en Vigo, pero advirto que en canto acabe marcho coma unha chispa a ver a Deus, así é que se queredes que alguén vos dedique o libro pedídesllo a Losada, ós da editora que tamén teñen culpa ou a Nacho Castaño, o actor co que levamos Fume á escena e co que faremos, Dylan mediante, unha lectura dun par de escenas.

4 comentarios:
um dia intenso... que o disfrutes muito!
E iso de que non te queremos é a mentira máis ghrande que teño visto nun blogue. Serás ti que non lle puxeches empeño dabondo.
Mario: Ai non ho! O que pasa é que a min as cousas que levan traballo sempre se me quedan para máis adiante. E así, insisto, convertídesvos nunha editora respetable. ;-D ¿Verémonos venres ou vas estar polo estranxeiro?
L&M (de tabacoso nome): iso espero, invitad@ queda. Un saúdo e gracias pola visita.
Un saúdo, don RR. Celebro velo recuperado e ocioso. Que o pase ben co deus Dylan. Eu, como son ateo, non vou ir. En realidade é que non podo.
Cante blowindewin co chisqueiro acendido por min, e agarradiño das mans como se estivese nun concerto de Mecano. :-)
Publicar un comentario en la entrada