02-ago-2008

O Programa do Feirón

Aí o vai, o programa da Feira do Libro da Coruña, ou do Feirón, din os que saben. Ides picando nos días do calendario, arriba á dereita, e apuntades a cantas das actividades programadas vos atrevedes a faltar.

Lendo o comentario do señor das Brétemas onde o atopei (diolopaje!), quedo coa dúbida de se estará na Feira a libraría favorita dos centolos. Mañá, por fin, poderei investigalo in situ.

PD: Nesta ligazón, máis doado. ¡Gracias, Pablo!

3 comentarios:

Pablo dijo...

Escoitada a túa queixa, permitinme escanear o programa para quen lle fixese falla. Parabéns polo blog. Visitareino acotío.

r.r. dijo...

¡Moitísimas gracias, Pablo!

Pablo dijo...

Grazas a ti! Eu só puxen o meu pequeno gran de area para que a xente poida gozar deste evento.