Aínda que isto poda chegar a ter aspecto de memorias (se é que finalmente cumpro a ameaza e colgo máis posts), de textos saídos da man no tempo en que foron vividos, o certo é que escribo dende o futuro, tentando recordar os feitos despois de abrir no ordenador as carpetas coas fotografías da viaxe. É posible pois que por culpa da prudencia ou do medo non relate –porque non as lembro –cousas que sucederon cando non ía armado co ollo de turista que tanto deforma a visión, ou que pare máis en momentos que foron menos, ben menos que aqueles que me vin obrigado a mirar só cos ollos que me acompañan dende a nacencia, e dos que anoto algún a seguir para non os esquecer:
- cruzar na noite, perdido, Ipiranga e Sâo Joâo unha e outra vez á busca dun predio sen atopar a poesía de Caetano Veloso e si vendedores de crack, crackeiros, xente durmindo no chan e cines X con asistencia masturbatoria de pago;
- avanzar polos terminais do metró arrastrado polos rabaños humanos, parar a preguntar, e sorprenderme de atopar xente amable ou arte nos sotos;
- determe na Paulista, fronte ó MASP, diante do único rastro de mata atlántica que queda na cidade, observado pola policía nada afeita a turistas, a contemplar o interminable fluir de coches e persoas, o brillo do diñeiro nos cristais dos rañaceos, a tentar escoitar as bombas que hai anos estoupaban con nouturnidade nas mansións para recalificar os terreos;
- sentir vergoña propia e allea mentres bebo champagne –Poldo, profesor de galego na Universidade de Sâo Paulo asegura escandalizado que se trata de MoetChandon mentres amosa unhas améndoas comestibles metalizadas –na inauguración dunha das máis completas librerías que vin na miña vida dentro do centro comercial máis ostentoso no que entrei na miña vida…
Sâo Paulo: vinte millóns de habitantes, doce, dazasete, vintenove ou corenta dependendendo da fonte e das fronteiras das que cada fonte fala. Un formigueiro incomprensible (en todos os sentidos). Lin unha nova no xornal: cada mes chegan á cidade tantos camións que encherían un carril enteiro (2,5 kms.) da Avenida Paulista; augúrase que en poucos anos o tráfico estará colapsado. ¿Canto tempo levarán errando no augurio?
Sâo Paulo: edificada nas beiras de ríos hoxe escuros, case secos: Tamanduatei, Pinheiros, Tieté... “¿Quere parar e bañarse?”, ofréceme o Walter, aluno de galego, cun sorriso no rostro, no medio dun atasco de case dúas horas para facer un traxecto de volta que na ida levou media.
Sâo Paulo: o ceo -tan cuberto de polución que ata a xente lle bota a culpa dos eclipses de lúa -atravesado día e noite polos helicópteros dos que poden permitirse vivir sen pisar a cidade, sen a obriga de verse as caras coa miseria ou os atascos.
O Molina, Sergio, traductor, editor, vello amigo a quen esta viaxe me dá a oportunidade de volver ver, informaba nun correo antes de eu ir alá: “a galegada organizou moi ben a cidade: as favelas leváronas lonxe”. Aínda así, como ás persoas cústanos reprimir a fame, pode un atopar no centro, ou en algúns dos moitos centros da cidade, rostros de quen busca alimento, de quen durme no chan, meninos da rúa, drogados, prostitutas, ladróns, mendigos que nunca piden directamente e, tamén, policías por tódalas esquinas, ou nos seus coches coas luces vermellas sempre prendidas. Pero, sobre todo, sendo xustos nesta torpe síntese, naquel inmenso formigueiro atopas millóns de homes e mulleres dispostos a se deter na súa velocísima rutina diaria para buscar, co tipo con aspecto de perdido, a resposta ás súas absurdas preguntas nunha língua que semella antiga.

"A Sâo Paulo", aclárame unha muller sorrinte, "ninguén vén facer turismo, é unha cidade apenas para traballar".

6 comentarios:
É ben desacougante a súa crónica, igual que a triste historia de toda América Latina, sobre todo dos lugares que teñen a desgraza de ser ricos nos productos estratéxicos que espertan a voracidade do desalmado "inversor". Aquí fala vostede de ríos desaparecidos e en Bolivia alugan e mercan a auga da choiva, pero...¿a quen lle importa a mata atlántica cando aínda quedan pozos petrolíferos por explotar e xacementos que ofrecer aos insaciables novos conquistadores?
São Paulo é unha cidade desconcertante e inxusta, pero se un se permite o "luxo" de vivila, descubre que tamén é marabillosa, sobre todo polas persoas que a habitan. Creo que é o universo comprimido nunha urbe. E creo que si, na avenida Ipiranga e San Jõao aínda se atopa esa estraña poesía tan propia dos Mutantes, aínda que a verdadeira banda sonora da cidade real é a dos Racionais MC's.
Agardo con moito interese novos anacos da súa crónica sobre São Paulo, unha cidade inesquecible.
sao paulo é un continente en si mesmo, e case todas as cidades de américa latina agochan unhas contradicións case incompresibles. Eu coñezo ben montevideo e b.aires, e rio, algo, e ás veces resulta dificil asimilar certas realidades
Obrigádesme a insistir no tema. Ademáis, o post non fai xustiza á contradictoria sensación que a cidade deixou en min. A clave dáa moi ben zerovacas: hai realidades difíciles de asumir.
¡Che Rubén, qué alegrón leerte!
Pero debo pedirte que no me pongás cosas raras en la boca... Eso de que "a galegada organizou moi ben a cidade" jamás ha salido de mi pluma. Así me dejás mal frente a la gente de ahí, pibe.
A ver. Lo que dije, para que te tranquilizaras en cuanto a la inseguridad en São Paulo, fue que viajabas a "uma cidade que foi construída em parte pela intrépida galegada, que aliás ainda cultiva suas tradições e sua língua em centros de imigrantes etc". Si antes había apuntado que la misma segregación geográfica de los pobres te mantendría alejado de la "zona salvaje", ni por puta quise com eso insinuar que ese apartheid urbano se debiera a la "galegada" -- que por cierto también fue víctima de una segregación similar.
Pero ya me puse pesado como el que más, a riesgo de empañar lo más importante: un gustazo leer tus recuerdos e impresiones paulistanas!
Abração saudoso,
Sergio
Ola Molina!
Qué alegrón que descubrises este caderniño e puxeras comentarios nel. Espero que non sexa o último.
O caso é que si, certo é que as palabras non foron exactamente esas pero licencia poética á parte, os galegos somos absolutamente capaces de ser segregacionistas, aínda que sexa polo que levamos aprendido como vítimas. Non quero poñerme a dar exemplos, pero podes crelo: absolutamente capaces, non tñas dúbida. (Esta afirmación é miña ;-D)
¿Volverás para novas entregas? Prometo estar menos espeso que nestas primeiras.
Publicar un comentario en la entrada